LEMA, BEA
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai,martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre assesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo aopaso do tempo e ás tormentas.Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême(Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá datolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerradano seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre ecatólica.A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 queoutorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que OCorpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal,con texturas e composicións que transcenden as técnicas máisutilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética.A ob