Condicións de venda

Condicións de venda

COMO MERCAR

 

Para mercar a través da plataforma de venda online da Librería Lenda (www.librerialenda.com) non é imprescindible estar rexistrado como cliente. No momento de formalizar unha compra accederase a un formulario onde se comunicarán as distintas opcións de envío e pago existentes. Os datos que se nos faciliten empregaranse EXCLUSIVAMENTE para a formalización da venda e, en ningún caso, serán utilizados para calquera outro fin nin cedidos a terceiros. Agradecemos que verifique con coidado que os datos achegados son os correctos e o máis completos posible co fin de facilitar a entrega da mercancía adquirida. Non se tramitarán pedidos con enderezos incompletos ou que carezan do número de teléfono a través do cal a empresa de transporte pode contactar co cliente e concretar a entrega.

Non obstante, a persoa usuaria da páxina ten a opción de rexistrarse como cliente, para o cal deberá cumprimentar o formulario que a tal efecto atopará no apartado “a miña conta”. A identificación como cliente realizarase a través dun enderezo electrónico e un contrasinal vinculado ao mesmo.

O rexistro como cliente será imprescindible para modificar os datos personais e consultar o estado dos pedidos.

Unha vez formalizada a compra a través da web o cliente recibirá unha mensaxe de confirmación coa información do seu pedido, sendo posible, en todo momento, poñerse en contacto coa Librería Lenda a través do enderezo electrónico web@librerialenda.com ou nos teléfonos 981941517 e 659781492 (só whatsapp).

As formas de pagamento admitidas son tarxeta de crédito (a través da pasarela de pagamento seguro), transferencia ou ingreso bancarios.

Os envíos son gratuítos para compras superiores a 40,00 eur (corenta euros) conlevando un gasto adicional de 4,50 eur os pedidos inferiores a ese importe.

O custo total da compra comunicarase ao cliente durante o proceso de compra e este establécese incluíndo sempre o IVE legalmente aplicable.

Cando se reciba o pedido, en caso de detectar algún problema derivado do transporte ou do estado do artigo, o cliente deberá comunicalo á Librería Lenda no prazo das 72 horas seguintes, non admitíndose reclamacións de artigos danados fóra dese prazo.