DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

SOLÀ, IRENE

17,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
Faktoria K de Libros, S.A.
Ano de edición:
2023
Materia
Galego
ISBN:
978-84-19213-43-3
Páxinas:
200
Encadernación:
Rústica
17,00 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.
A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.
Despois do éxito internacional de “Canto eu e a montaña baila”, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.
A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de “Canto eu e a montaña baila”.

Artículos relacionados

  • PÚRPURA TERO
    CORTIZO CONDE, DAVID
    Ausela pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova, onde agarda a que a súa cuadrilla a atope, mentres non deixa de pensar no obxecto que viu caer desde o espazo. No seu planeta abrolla unha planta con propiedades especiais moi cobizada por toda a galaxia. Se desen con ela, podería significar a fin da vida dos chairegos tal...
    En stock

    13,90 €

  • MAMUT
    EVA BALTASAR
    Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía que a piques da ruína se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe. Esta novela pecha a triloxía >, coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poéticas da literatura contempor...
    En stock

    16,00 €

  • MATERIAL DE CONSTRUCIÓN
    EIDER RODRIGUEZ
    Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un relato universal cos m...
    En stock

    19,00 €

  • ABRIL É UN PAÍS
    TEREIXA CONSTENLA
    O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamé...
    En stock

    19,00 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE
    FEIJOO, PEDRO
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    24,95 €

Outros libros do autor

  • CANTO EU E A MONTAÑA BAILA
    SOLÀ, IRENE
    Canto eu e a montaña baila é herdeira da literatura popular e da narración oral , per renova a narrativa comtemporánea cun estilo tan preciso como virtuoso e subversivo . Un éxito de crítica e público que converteu a Irene Solá nunha das voces capitais da nova narrativa cataá e que recibiu o Premi Llibres Anagrama de Novel-la , o Premio Cálamo na categoria > e o Premio ao Mello...
    En stock

    17,00 €