ROWLING, J. K.
Harry Potter quedou orfo no momento mesmo do seu nacemento e vive cuns tíos e un curmán que non o tratan demasiado ben. Pero un día chégalle unha carta na que se lle anuncia o seu ingreso en Hogwarts, unha especialísima escola de maxia e artes secretas. A partir dese momento todo cambia na vida de Harry, que vivirá grandes aventuras en compañía dos seus amigos Hermione e Ron Weasley.