DIAZ, XABIER
Cancioneiro galego serodio (1989 2012) Unha viaxe polo país das mil muiñeiras Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle serodio xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer. Como ben sabemos, o corpus do cancioneiro dun país cantor e lírico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe. Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a reval