A MERLA DE TRAPO

A MERLA DE TRAPO

CORTIZAS, ANTÓN

12,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Libros
ISBN:
978-84-9782-702-7
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
12,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra.
A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

Artículos relacionados

  • LO VIRAL
    JORGE CARRIÓN
    ¿El siglo XXI empezó con la caída de las Torres Gemelas de Nueva York o con la entrada de un virus en el cuerpo de un hombre en Wuhan? ¿Es el SARS-CoV-2 el primer patógeno cyborg? ¿Netflix, Zoom o Amazon son multinacionales pandémicas? ¿Cómo se puede representar la transformación de la ciencia ficción en realidad cotidiana? Lo viral es, al mismo tiempo, una reconstrucción histó...
    En stock

    14,90 €

  • XIII MYSTERY INTEGRAL (10-11)
    C ROSSI / MATZ
    DOBLE ENTREGA DEL SPIN OFF DE LA MÍTICA SERIE XIII Detrás del telón de una exitosa campaña presidencial, la figura del nº 2 de la Conspiración de los XX se mueve entre las sombras. Usando procesos muy cuestionables, Calvin Wax revela poco a poco su verdadero papel. Por su parte, el reportero Jonathan Fly vive aislado con su hijo Jason. A través de los ojos del niño, se e...
    En stock

    26,00 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses ...
    En stock

    13,50 €

  • EL LIBRO QUE OJALÁ TUS PADRES HUBIERAN LEÍDO
    PHILIPPA PERRY
    En este libro, la reconocida psicoterapeuta británica Philippa Perry nos dice qué es lo que realmente importa y qué tipo de comportamientos debemos evitar en la relación con nuestros hijos, ofreciéndonos pautas para: • Comprender cómo nuestra propia educación puede afectar la crianza.• Aceptar que cometemos errores y aprender qué podemos hacer al respecto.• Romper ciclos y patr...
    En stock

    17,95 €

  • ENGLISH PRONUNCIATION BY VAUGHAN
    AUTORES VARIOS
    Toda la pronunciación del inglés en un solo libro. Se trata de un libro diseñado para ayudar a hispanohablantes a que no cometan errores de pronunciación, pensando especialmente en las dificultadas que suelen tener. Este libro mira con lupa todos los sonidos del inglés, desde vocales y diptongos hasta consonantes y letras mudas, y los explica a través de muchos ejemplos de pala...
    En stock

    25,95 €

  • HOMO MACHUS
    JAVIRROYO
    El homo machus debe dar unos cuantos pasos para convertirse en hombre. ¿Estamos dispuestos a plantarnos ante el espejo y ver qué imagen nos devuelve? ¿Es posible entender de otra forma el amor y las relaciones, y alejarse del impulso atávico de posesión, de las convenciones, de los lugares comunes? ¿Cuál es el papel del hombre ante el feminismo y las nuevas masculinidades? ¿Es ...
    En stock

    20,90 €

Otros libros del autor

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    CORTIZAS, ANTÓN
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • AO PÉ DA LAXA DA MOA
    CORTIZAS, ANTÓN
    Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. É abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, que dá mostra do que esta terra vale e do que podería valer todo o noso país de queré...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    20,85 €

  • HISTORIAS E ALGUN PERCANCE TODAS DITAS EN ROMANCE (A)
    CORTIZAS, ANTON
    Este é un libro sen parangón no actual panorama da literatura galega para rapaces. Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, o romance, de rica tradición popular. O interese narrativo destas historias cargadas de humor e emoción lírica, constitúe un atractivo reclamo para a introdución dos lectores máis novos no ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    12,00 €